jueves, 19 de abril de 2018

A Canteira organiza un Speed Dating


Dende A Canteira dá FCSC estan organizando un Speed Dating:

Un Speed Que?

A idea é que empresas de industrias creativas conversen de xeito informal con alumnos da Facultade e traten de buscar, a través dos traballos subidos A Canteira, posibles colaboracións. Así, cos vosos traballos como excusa seguro que xurden intereses comúns e proxectos interesantes para ambas partes. Só tes que contarlle á persoa que se che poña diante o que che gusta facer, que seguro que é o que fas ben. 

Se queres participar sobe os teus traballos á web da Canteira (http://csc.uvigo.es/acanteira/) e escribe un correo antes do próximo 26 de abril a vicpromocioncsc@csc.uvigo.es indicando os teus datos persoais e de contacto ou o enlace á túa páxina persoal da Canteira.

Participa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.