jueves, 1 de septiembre de 2016

Preinscrición e matrícula en setembro de materias optativas de 4º curso

Estimados alumnos de 4º curso, prego leades atentamente e difundades esta información:

1. Os alumnos que fixeron a preinscrición das materias optativas en xullo pero que por motivos de traslado de expediente non puideron matricularse en agosto deben enviarme canto antes un mail cos seus datos (nome e apelidos, DNI e materias que tiñan autorizadas) para conservar a preinscrición nestas materias e poder matricularse delas no prazo que corresponda. Aínda que algúns de vós xa mo comunicastes, dado o volume de correos atrasados que teño, é preferible que mo volvades enviar.

2. Os alumnos que non fixeron a preinscrición, deben facela na Secretaría Virtual entre o 5 e o 9 de setembro. Só poderán preinscribirse das materias nas que haxa praza dispoñible. Despois da asignación, terán que matricularse no prazo que corresponda.

Se tendes calquera dúbida con respecto ao proceso, o meu horario de titorías ata o comezo das clases será os luns e xoves de 10.30 a 13.30 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.