martes, 22 de diciembre de 2015

PREMIOS INCUVI-EMPRENDE

Para fomentar o espírito emprendedor no colectivo universitario, a Universidade de Vigo, a Cidade Universitaria, Aje Pontevedra, TECNÓPOLE e a Fundación Universidade de Vigo convocan a 5ª Edición dos premios INCUVI-Emprende. Toda a información relativa a ditos premios pode consultarse no seguinte enlace:
Ofertaránse 12 premios: 6 no campus de Vigo, 4 en Ourense e 2 en Pontevedra. Este premios consisten nunha subvención dos custes de estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da pre-incubadora de negocios INCUVI. Tamén terán a súa disposición, o longo do ano 2016, un equipo de asesoramento xurídico-empresarial e un programa formativo integrado por distintos obradoiros e conferencias impartidas por profesionais de distintos sectores empresariais.
Todo elo co obxectivo de que maduren os seus proxectos empresariais e, finalmente, acaben formalizando a constitución das súas empresas.

jueves, 10 de diciembre de 2015

WAA: deseño da camiseta

Mensaxe da organización de We Are Adds (WAA):

Deseñadores e deseñadoras! Amantes das artes gráficas! Esta é unha mensaxe para vos!
Queredes deseñar a camiseta de We Are Ads? Estaríamos moi contentos de contar con todas as vosas super ideas!
Unicamente tedes que enviar a vosa proposta en PNG ao email: trabajoswaa@gmail.com antes do 8 de xaneiro!
Para máis información podedes consultade as bases na nosa web:http://weareads.wix.com/waafest
Animádevos!

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Xestión de crise: A crise das preferentes en Novacaixagalicia


Mañá xoves 10 de decembro, ás 11.30 horas  no Salón de Graos, Manuel V. Sola desenvolverá unha sesión sobre comunicación de crise. 

O evento ten entrada libre ata completar aforo


CARTEL

Speed dating con egresados

Hoxe mércores, 9 de decembro, os alumnos que esteades interesados podedes acudir a partir das 12.00 horas á primeira planta da Facultade para manter unha sesión en formato de speed-dating con antigos alumnos do centro. Teredes uns minutos para falar con cada un deles e preguntarlles pola súa experiencia profesional.

AQUÍ podedes acceder ao cartel do evento, co nome e posto que ocupan actualmente estes profesionais