miércoles, 21 de octubre de 2015

Convocatoria de bolsa para a axuda á integración

A Universidade de Vigo convoca unha bolsa para a axuda á integración dunha persoa con necesidades educativas especiais. Poderá ser solicitada por alumnos de 1º curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas e o prazo remata o día 27 de outubro.

MÁIS INFORMACIÓN


martes, 20 de octubre de 2015

III Xornadas de Fundraising e Mecenado

A Reitoría e o Consello Social da Universidade de Vigo organizan as III Xornadas de fundraising e mecenado os días 22 e 23 de outubro na sede da Fundación Barrié en Vigo (Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo).

As persoas interesadas en participar deben rexistrarse na WEB das xornadas, na que poden atopar toda a información.

miércoles, 14 de octubre de 2015

Ciclo Cero Violencia Viaria


Hoxe mércores comeza o Ciclo Cero Violencia Viaria, organizado polo Concello de Pontevedra, a Policía Local e a Dirección Xeral de Tráfico e aberto a tódalas persoas que desexen asistir.

Inclúe un programa de actividades e conferencias que se desenvolverán no campus tódolos mércores ata o 11 de novembro. 

Podedes atopar máis información no seguinte ENLACE





martes, 13 de octubre de 2015

Sesión formativa sobre recursos da biblioteca

Estimados alumnos e alumnas de 1º curso, 

A próxima semana terá lugar unha sesión formativa sobre os recursos da biblioteca para os estudantes de 1º curso do Grao. Para facilitar a asistencia, a sesión impartirase dúas veces:

- O martes 20 de outubro, de 16.00 a 18.00 horas

  ou

- O mércores 21 de outubro, de 16.00 a 18.00 horas

Se estades interesados en asistir debedes inscribirvos a través do seguinte FORMULARIO, indicando os vosos datos e o día en que ides asistir á sesión.

Tendes máis información no seguinte ENLACE