viernes, 11 de septiembre de 2015

Información sobre TFG

Estimados alumnos matriculados en TFG,

Nestes momentos estamos pendentes do nomeamento dun novo coordinador de traballos de fin de grao. Entre tanto, tende en conta as seguintes indicacións:

- Alumnos matriculados na convocatoria de outubro: aínda que as datas non están aprobadas, prevese que a data límite de entrega dos proxectos por rexistro sexa o 23 de outubro e que as defensas teñan lugar entre os días 2 e 6 de novembro, en función da dispoñibilidade do tribunal (dado que é período docente).

- Alumnos matriculados para as convocatorias de maio e xullo: o proceso de asignación de titores comezará, previsiblemente, ao longo do mes de outubro. Nembargantes, é conveniente que vaiades pensando xa en temas e propostas concretas que vos gustaría desenvolver no voso traballo de fin de grao e nos posibles titores.

Toda a información sobre traballos de fin de grao canalizarase a través da plataforma FAITIC, polo que é conveniente que accedades a ela polo menos unha vez para figurar na lista de avisos.

Saúdos

Mabel Míguez

ASIGNACIÓN GRUPOS ACTUALIZADA

Estimados alumnos,

- Neste ENLACE podedes acceder aos grupos actualizados de 1º curso. Lembrade que os alumnos que me indicastes que ides facer un cambio de matrícula para pasar de Linguaxe publicitario en Galego a Castelán ou viceversa debedes efectuar esa modificación en administración no prazo habilitado ao efecto (consultade en administración). 

- Neste ENLACE podedes acceder aos grupos actualizados de 4º curso. Lembrade que aqueles alumnos que accedestes ás materias polo proceso de preinscrición de setembro e aqueles que pedistes algún cambio xustificado de optativa que queda recollido nesta asignación, debedes formalizar a matrícula ou o cambio en adminsitración no prazo habilitado ao efecto.

- Como xa se indicou no documento anterior, os grupos de 2º e 3º curso permanencen, inicialmente, como no curso anterior. Non dispoño de listados completos, polo que calquera posible modificación debedes xestionala co profesorado das materias. Concretamente, no 2º curso a profesora Pilar García Soidán estase ocupando de elaborar un listado detallado, dado que ten limitacións de postos nas aulas de informáticas, polo que antes de facer calquera modificación contactade con ela.

Enviádeme algún mail canto antes se detectades algún erro. Para os cursos de 1º e 4º non se atenderán xa novas solicitudes de permuta ou cambio de grupo ou materia.

martes, 8 de septiembre de 2015

Planificacións docentes

Estimados alumnos,


No seguinte ENLACE tendes colgadas as planificacións docentes das materias deste cuadrimestre. Lembrade que son planificacións orientativas e que poden variar en función de diversas circunstancias que alteren o curso da docencia. As planificacións que faltan serán facilitadas polos docentes na aula.


miércoles, 2 de septiembre de 2015

Asginacións provisionais a grupos

Estimados alumnos,

Nos seguintes enlaces podedes acceder á asignación provisional a grupos nos diferentes cursos. Como veredes no documento, tendes ata o día 7 para reclamar calquera incidencia e deberedes facelo a través do formulario dispoñible na dirección http://goo.gl/forms/y0RTd2HVq4

Grupos de alumnos 1º, 2º e 3º curso

Grupos de alumnos 4º curso


Esta información remitirase a Decanato para que sexa colgada tamén no taboleiro de anuncios.

Presentación curso 2015-2016

Estimados alumnos de 1º curso,

Déixovos neste ENLACE a presentación desta mañá.

Para calquera cuestión, podedes contactar comigo no mail mabelm@uvigo.es.

O meu despacho é o 313 (terceiro andar). Esta semana poderedes atoparme o venres a partir das 10.30. A partir da próxima semana o meu horario de atención será:

Luns de 9.30 a 11.00 horas e de 16.00 a 17.30 horas
Mércores de 9.30 a 11.00 horas
Xoves de 9.30 a 11.00 horas

martes, 1 de septiembre de 2015

Comezo do curso 2015-2016

Estimados alumnos,

Esta semana comeza o curso académico 2015-2016.

O mércores, 2 de setembro, terá lugar o acto de presentación para alumnos de primeiro curso. Os días 3 e 4 de setembro, presentaranse as materias do primeiro cuadrimestre, dacordo co calendario que tendes colgado na páxina web da Facultade. A próxima semana comezarán xa as sesións teóricas con total normalidade e na semana do 14 de setembro darán comezo tamén as clases prácticas.

Mañá mesmo colgarei no blog a composición provisional dos grupos teóricos e prácticos, para que saibades qué horario vos corresponde. Haberá un prazo para reclamacións a través dun formulario online e a finais da próxima semana publicarase a configuración definitiva de grupos.


No caso dos alumnos de 4º curso, o venres aproveitarei a hora de presentación da materia de Dirección de Comunicación para, unha vez presentada ésta e antes de que comece a seguinte presentación, manter a primeira sesión de PAT (Plan de Acción Titorial), na que resolveremos as dúbidas que teñades sobre grupos, preinscricións, etc.




Saúdos e benvidos
Mabel Míguez

Preinscrición materias optativas (setembro)

Estimados alumnos,

Aqueles de vós que comecedes agora o 4º curso e que non fixestes a preinscrición de materias optativas no mes de xullo (e que, por tanto, non vos puidestes matricular delas en agosto), tendes agora un segundo prazo de preinscrición.

Prazo: 3-8 de setembro.

Lugar: Secretaría Virtual.

Procedemento: o alumno debe marcar tódalas optativas nas que aínda queden prazas dispoñibles por orde de preferencia.

Entre os días 9 e 12 de setembro publicarase o listado de asignacións. Deberedes formalizar a matricula nas materias asignadas no prazo establecido en administración (consultar en administración) para os cambios de matrícula.


Normativa: ENLACE