lunes, 21 de abril de 2014

Enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións

Estimados alumnos,

Lembrade que ata o día 23 de maio está aberto o prazo de realización das  enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais  da Universidade de Vigo.

A recollida da vosa opinión, mediante estas enquisas, é fundamental para a mellora continua das titulacións, polo que vos agradecería que dedicarades uns minutos a cubrila.

Podedes acceder a ela a través da Secretaría Virtual

A enquisa é anónima e confidencial. 

Grazas pola vosa colaboración

Saúdos

Mabel Míguez

Renovación da acreditación do Grao en Publicidade e Relacións Públicas: visitas os días 22 e 23 de abril

Estimados alumnos,


Lémbrovos que mañá e pasado, 22 e 23 de abril, imos recibir na Facultade a visita dun Comité de avaliadores que se encargarán de verificar, mediante entrevistas e consulta de documentación, se o Grao en Publicidade e Relacións Públicas se está desenvolvendo axeitadamente.

Dada a relevancia do proceso, do que xa vos informamos anteriormente, pregaríavos a máxima colaboración no caso de que se solicite a vosa axuda puntual.

Infórmovos, así mesmo, de que o mércores 23, ás 13.15 horas, o Comité recibirá en audiencia aberta, no Salón de Graos, a todos aqueles integrantes da comunidade universitaria que queiran ser partícipes activos do proceso.

Saúdos

Mabel Míguez

viernes, 4 de abril de 2014

I Premio Universitario La Caixa de Comunicación Científica

La Caixa e GCiencia, a web da ciencia galega, convocan a primeira edición do Premio Universitario La Caixa de Comunicación Científica, baixo o lema “Contar a Ciencia”. O premio quere poñer en valor o xornalismo científico entre os futuros profesionais. Tamén, dar a coñecer a investigación que se fai en Galicia, de xeito que a descubran os propios estudantes de comunicación nas universidades nas que cursan os seus estudos. 

Os candidatos presentarán a GCiencia (www.gciencia.com) unha proposta de reportaxe ou entrevista sobre un tema científico que se desenvolva na Universidade á que pertencen. As reportaxes o entrevistas poderán ser escritas ou audiovisuais. 

Prazos:

Ata 11 de abril: envío das propostas. Unicamente se debe enviar un título e subtítulo provisionais, e un resumo dun máximo de 400 caracteres, espazos incluídos. O xurado seleccionará oito destas propostas para que sexan desenvolvidas.

Do 21 de abril ó 12 de maio: envío de traballos completos das oito propostas seleccionadas.

Do 12 de maio ó 5 de xuño: publicación dos oito traballos en www.gciencia.com.

16 de xuño: Fallo do xurado. O traballo gañador será novamente publicado, cunha reportaxe sobre os gañadores. O premio consistirá nunha tablet Kindle FIRE para cada un dos firmantes gañadores e diploma acreditativo para os 7 finalistas.

Máis info


martes, 1 de abril de 2014

Enquisas de Avaliación da Satisfacción das Titulacións

Estimados alumnos,

Desde hoxe e ata o próximo 23 de maio está aberto o prazo para a realización das Enquisas de Avaliación da Satisfacción das Titulacións Oficiais da Universidade de Vigo.

A recollida da opinión dos alumnos mediante as enquisas resulta imprescindible para a mellora das titulacións, polo que a vosa colaboración é fundamental.

Podedes acceder á enquisa a través da Secretaría Virtual (https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/), apartado Enquisas.

enquisa é anónima e confidencial.


Podedes atopar máis información sobre estas enquisas premendo AQUÍ

Grazas pola vosa colaboración