lunes, 17 de febrero de 2014

Datas de entrega e defensa de TFG para xuño e xullo de 2014


Tendes neste enlace a resolución da Comisión de TFG na que se establecen as datas de entrega e defensa dos traballos para as convocatorias de xuño e xullo de 2014. As datas quedan fixadas como segue:

Convocatoria de xuño:

- Data límite de entrega: 30 de maio
- Datas de defensa: 16 e 17 de xuño

Convocatoria de xullo:

- Data límite de entrega: 30 de xuño
- Datas de defensa: 21 e 22 de xullo

Tamén vos adunto o impreso de solicitude de defensa que hai que entregar co traballo.

lunes, 10 de febrero de 2014

Máster Class AUGAL 3ª Edición

O martes 11 de febreiro, ás 16.00 horas, no Salón de Actos ou o Salón de Graos, terá lugar a Máster Class do Audiovisual Galego 2013-2014 AUGAL (3ª edición), coordinada polos profesores Anna Amorós e Miguel Anxo Fernández.

Contidos:

ANGÉLICA Y ROBERTA
Sandra Leste, Sonia Méndez, 2012. Serie Online.
FAME
Anxos Fazáns, 2013. Webserie.
IDIOTAS
Fran Estévez, 2013. Curtametraxe.
                   

Planificación enquisas avaliación docente


Estimados profesores,

Lémbrovos que o próximo 16 de febreiro remata o prazo para introducir na Secretaría Virtual as datas para as enquisas de avaliación docente.

A ruta de acceso é a seguinte:

Páxina da UVigo – Secretaría Virtual – Control de acceso - Funcionalidades para o PDI - Planificación de Enquisas de Avaliación Docente.

Para o Control de Acceso deben introducirse os datos habituais:
-          Nº Documento de identificación
-          Número da tarxeta universitaria
-          Contrasinal da tarxeta universitaria

Saúdos

miércoles, 5 de febrero de 2014