martes, 2 de septiembre de 2014

Segundo prazo preinscrición materias optativas

Estimados alumnos de 4º curso,

Tal e como consta na resolución pola que se aprobou o procedemento de preinscrición nas materias optativas de 4º curso, o día 3 de setembro ábrese un segundo prazo de preinscrición para aqueles alumnos que non se preinscribiron en xullo ou que non se matricularon en ningunha das optativas no prazo de agosto.

Lembrade que este procedemento é SÓ para alumnos aos que non se lle asignaron materias en xullo ou que non se matricularon.

A preinscrición poderá realizarse entre os días 3 e 8 de setembro a través da Secretaría Virtual, indicando a orde de preferencia das materias.

Entre os días 9 e 12 de setembro realizarase a asignación de materias, tendo en conta só as materias que teñan prazas vacantes. Unha vez asignadas as materias, o prazo de matrícula será o establecido para modificación de matrícula de materias do 1º e 2º semestre, do 15 ao 19 de setembro.

No caso dos alumnos de intercambio que non cursen docencia na Uvigo no primeiro semestre pero que deban matricularse igualmente, asignaranse as materias que soliciten, en función do seu contrato de estudos, dado que non ocupan praza. Aínda así, é conveniente que formalicen a preinscrición e que me remitan un correo indicando a súa condición de estudantes de intercambio. O ideal, se están dentro de prazo, é que agarden a que estea tramitado o seu contrato de estudos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.