Lembrade que ata o día 23 de maio está aberto o prazo de realización das enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais da Universidade de Vigo.
A recollida da vosa opinión, mediante estas enquisas, é fundamental para a mellora continua das titulacións, polo que vos agradecería que dedicarades uns minutos a cubrila.
Podedes acceder a ela a través da Secretaría Virtual
A enquisa é anónima e confidencial.
Grazas pola vosa colaboración
Saúdos
Mabel Míguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.