viernes, 21 de marzo de 2014

Prazo de presentación de candidaturas de estudantes á Xunta de Facultade ata o martes 25 de marzo


O próximo martes, 25 de marzo, remata o prazo para presentar as candidaturas de estudantes para a Xunta de Facultade.

Lembrade que na Xunta de Facultade pode haber ata 18 representantes de alumnos dos tres graos que se imparten no centro.

Se estades interesados en presentarvos só tendes que cubrir o impreso correspondente en Decanato (3º andar).

No caso de que haxa máis candidatos que postos vacantes, a votación terá lugar o día 9 de abril. Tendo en conta a relevancia da vosa presencia nesta Xunta anímovos a presentar as vosas candidaturas, sobre todo aos alumnos de 1º e 2º curso, xa que a elección faise para un período de dous anos. As obrigas dos alumnos que sexan elixidos consisten en asistir ás reunións da Xunta de Facultade (polo xeral, dúas ou tres por semestre), votar nas cuestións que alí se traten en representación dos restantes compañeiros e expoñer as suxestións, consultas ou peticións que consideredes oportuno.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.