jueves, 13 de marzo de 2014

Elección de representantes de alumnos en Xunta de Facultade

O día 9 de abril de 2014 os alumnos teredes a oportunidade de elixir os vosos representantes na Xunta de Facultade, o órgano no que se toman tódalas decisións relevantes do centro. Tendo en conta a relevancia da vosa presencia nesta Xunta anímovos a presentar as vosas candidaturas, sobre todo aos alumnos de 1º e 2º curso, xa que a elección faise para un período de dous anos.

As obrigas dos alumnos que sexan elixidos consisten en asistir ás reunións da Xunta de Facultade (polo xeral, dúas ou tres por semestre), votar nas cuestións que alí se traten en representación dos restantes compañeiros e expoñer as suxestións, consultas ou peticións que consideredes oportuno.

Dende hoxe, 13 de marzo, podedes comprobar no taboleiro de Decanato se estades incluídos no censo provisional, tanto para poder votar como para poder presentar candidatura. Se non estades, podedes reclamar entre o 14 e o 19 de marzo.

Os que queirades presentar a vosa candidatura podedes facelo entre o 20 e o 25 de marzo.


Tendes detalladas as principais datas do proceso no seguinte DOCUMENTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.