martes, 5 de noviembre de 2013

Apertura do prazo de recepción de obras para os XII Premios Mestre Mateo // Academia Galega do Audiovisual

 A Academia Galega do Audiovisual inaugura unha nova edición dos Premios do Audiovisual Galego "Mestre Mateo", polo que dende hoxe, día 4 de novembro, ata o vindeiro venres 29 de novembro estará aberto o prazo de recepción de candidaturas.

Poden aspirar a estes galardóns as longametraxes –de imaxe real, de animación e para televisión-, documentais, series –para televisión e webs-, programa de televisión, curtametraxe –de imaxe real e de animación-, anuncio publicitario e videoclips así como os profesionais nas categorías de interpretación (masculina e feminina protagonista e de reparto), comunicador/a de televisión, dirección, guión, dirección de fotografía, dirección de arte, montaxe, realización, música orixinal, son, vestiario, maquillaxe e perruquería e dirección de produción, que participen nestas producións –agás nas curtametraxes, series webs, anuncios e videoclips- e que cumpran os requisitos das categorías específicas.

As candidaturas dos Premios Mestre Mateo poderán ser presentadas por persoas físicas ou xurídicas con dereitos sobre a obra correspondente ou por calquera académico con dereito a voto. Podedes consulta-las bases, descarga-lo formulario de inscripción e anexos e coñecer o calendario que rexerá esta edición premendo aquí.

Para calquera dúbida lembrade que podedes consultala por mail a través do enderezo premios@academiagalegadoaudiovisual.com ou nos teléfonos 981 20 83 93 // 981 22 77 01. Poderedes seguir as novas dos Premios en Facebook ou en Twitter @AcademiaGalegaA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.