O próximo mércores 23 de outubro, ás 13.00 horas, non Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, acompañado por un
técnico da Consellería de Traballo presentará os seguintes programas de apoio a inciativas xuvenís:
INICIATIVA XOVE
Trátase dunha
liña de axudas á mocidade comprendida entre os 18 e 30 anos para
desenvolver proxectos e iniciativas de grupos que sexan de interese en calquera
ámbito como, por exemplo, un documental, curta, vídeo publicitario, campaña de
publicidade ou idear unha empresa.
Neste programa os mozos só poden participar ao
través de asociacións xuvenís ou grupos informais (non precisan de ningunha
constitución orgánica) de entre 5 e 10 membros.
XUVENTUDE CREA
Liña de apoio económico a iniciativas individuais sobre
as especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía,
videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e moda.
De especial interese para alumnos de 3º e 4º curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.