viernes, 25 de octubre de 2013

Acceso á materia TFG en FAITIC para alumnos de 4º que aínda non están non matriculados

Aqueles alumnos que vaian a desenvolver este curso o seu proxecto de TFG e que se vaian matricular da materia no prazo do segundo semestre deberán solicitar agora, igualmente, a aprobación da súa proposta temática e o titor.

Para que poidan ter acceso á información está habilitado un sistema de preinscrición na materia en FAITIC. Os pasos para inscribirse son os seguientes:


  • Acceder en FAITIC ao apartado de Preinscricións
  • Buscar o curso P04G190V01991 Traballo de fin de grao. Probablemente o atopedes con máis facilitade introducindo só o código.


  • Solicitar a preinscrición

Unha vez a preinscrición sexa aceptada, poderedes acceder aos contidos da plataforma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.