miércoles, 22 de febrero de 2017

Cambio na coordinación do Grao

Estimados alumnos, 

Comunícovos que desde hoxe deixo de ser a coordinadora do Grao en Publicidade e Relacións Públicas. Provisionalmente, o Decano, Xosé Baamonde, asume estas funcións.

Saúdos

lunes, 20 de febrero de 2017

Convocatoria Vicedecanato Promoción

Mensaxe do Vicedecanato de Promoción para estudantes de 3º curso:

Bo día a todos,
Estase fraguando un novo proxecto dentro da facultade na que podedes demostrar a vosa creatividade.

Imos montar un equipo multidisciplinar para traballar na dinamización da facultade e precisamos persoas de todos os Graos e perfís para poder facelo de forma axeitada. Poderás traballar con docentes do centro e profesionais do sector, aumentar o teu portfolio, currículo ou bobina, ademais de convalidar esta experiencia como prácticas extracurriculares ou curriculares.

Se estás interesado manda un mail a vicpromocioncsc@csc.uvigo.es

…. e avisarémoste da hora e lugar da entrevista.

miércoles, 1 de febrero de 2017

Planificacións docentes segundo cuadrimestre

Estimados alumnos,

A través do seguinte ENLACE podedes acceder ao resumo das planificacións docentes do segundo cuatrimestre. No caso de que falte a planificación dalgunha materia será facilitada directamente polo docente.

viernes, 20 de enero de 2017

Aviso alumnos 3º curso: non hai presentación de Técnicas de comunicacion electoral

Estimados alumnos,

Como consecuencia dun permiso do profesor Xosé Rúas, o día 25 non haberá presentación da materia Técnicas de comunicación electoral.

A presentación farase na primeira clase.

Saúdos

martes, 17 de enero de 2017

Aviso alumnos 3º curso: modificación da hora de presentación dunha materia

Estimados alumnos,

Comunícovos que a presentación da materia Técnicas de Relacións Públicas, prevista para o xoves 26 ás 10.00 horas, pasa ao xoves 26 ás 12.00 horas.

Desculpade as molestias

Aviso alumnos 1º curso: intercambio de presentación de materias

Estimados alumnos de 1º curso:

Comunícovos que se van intercambiar as presentacións de dúas materias do segundo semestre.

A presentación da materia Teoría e práctica das Relacións Públicas pasa a ser o mércores 25 ás 10.00 horas e a presentación da materia Comunicación escrita pasa a ser o xoves 26 ás 11.00 horas.

Saúdos

viernes, 16 de diciembre de 2016

PREMIOS INCUVE

A Área de Emprego e Emprendemento informa que:

O día 15 de decembro de 2016 publicouse a convocatoria da VI Edición de INCUVI-Emprende co obxecto de fomentar o espírito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas a través un concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores dos tres campus da Universidade de Vigo un programa de preincubación dun ano de duración.

PREMIOS
O número total de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:
  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos
O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente. 

PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán presentar as súas ideas a concurso:
  1. Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, grao ou mestrado.
  2. Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2013/2014 ou posteriores.
Poderán presentarse a concurso iniciativas que desenvolvan proxectos de emprendemento en calquera das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo.
Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas.

PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de febreiro de 2017.


BASES
As bases da convocatoria están dispoñibles na web http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/